A Escola Infantil Rías Altas atópase nunha zona na que se pode manter un contacto especial coa natureza.
É unha escola de nova creación na que atopamos espacios abertos, amplas aulas con material específico para estas idades, boa iluminación natural e unha climatización axeitada.
Está construída nunha soa planta ao nivel do patio da entrada. Consta de recibidor, unha zona de usos múltiples con grandes ventanais para a realización de diversas actividades, 3 aulas amplas con baños para a hixiene dos nenos/as en cada unha delas, un dormitorio directamente conectado coa Aula 1, sala de educadores para realizar reunións e un baño adaptado para adultos. Dispón dun patio exterior destinado integramente para os nenos/as de 0 a 3 anos, cunha superficie de 133 m2 , completamente pechado e independente. Tódalas aulas contan con diverso material axeitado para o crecemento e o desenrolo persoal dos nenos/as posibilitando e reforzando a adquisición de hábitos de traballo, orden, hixiene, etc, tendo en conta sempre a súa idade.
A organización da aula permite que os nenos/as realicen traballos individuais, actividades colectivas, exercicios en pequenos grupos, etc.
Ademáis, contamos cun servizo de información escolar (titorías, axenda persoal), Webcam, Escola de Pais, servizo de orientación escolar (para apoiar, orientar e contribuír a mellorar a labor de pais e educadores), actividades complemtarias e extraescolares (Inglés, psicomotricidade, música, galego e piscina), un servizo de Aula aberta (que consiste na ampliación do horario escolar con actividades lúdicas pola mañá ou pola tarde), e como complemento, ofrécese servizo de almorzó, xantar e transporte.
A nosa función educativa é a de contribuir ao desenrolo integral do neno/a. É unha escola activa, dentro dunha dinámica de centro, cuios obxectivos xeráis están incluidos no 1º ciclo da Educación Infantil. A metodoloxía utilizada responde plenamente ao proxecto educativo do Colexio Rías Altas. Está dirixida a nenos de 0 a 3 anos.