colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
martes, 07 de septiembre de 2010   
 

26/04/2004
Os alumnos de 3º e 4º de Ed. Primaria vanse pasar uns días á Granxa Barreiros

Estimados pais/nais:

Comunicámosvos que os días 5, 6 e 7 do mes de Maio realizaremos unha viaxe-convivencia cos alumnos de 3º e 4º de Primaria á Granxa Escola BARREIROS ( Sarria ).

Nesta experiencia educativa pretendemos que os alumnos teñan unha serie de vivencias que lles permitan coñecelo medio rural en tódalas súas vertentes.

Pensamos que estas vivencias son un elemento complementario ós programas oficiais, ó mesmo tempo que un medio onde desenrolalo obxectivo de coñecemento e comprensión do medio natural mediante a observación e a analise, intentando contribuir a espertar no neno unha conciencia crítica.

A Granxa Escola BARREIROS é un equipamento destinado a facilitalo coñecemento do noso medio rural e así lograr un cambio de actitudes e valores nas xeracións futuras.

Dado o carácter activo desta experiencia, ó tempo que o neno vai estar na Granxa Escola BARREIROS non hai que entendelo coma vacación senón coma "un tempo distinto" no proceso educativo.

ACTIVIDADES

Primeiro día: Mércores 5 de Maio  

  • Saída dende San Pedro de Mezonzo (Cuatro Caminos) as 08:15 horas.
  • Chegada á Granxa Barreiros (Sarria)
  • Benvida e presentación do programa de actividades.
  • Reparto de dormitorios e equipaxes.
  • Presentación de monitores e persoal da granxa.
  • Obradoiro: Actividades de achegamento ó medio. Presentación da horta.
  • Aseo e xantar.
  • Xogos na palleira.
  • Visita á granxa das vacas
  • Merenda.
  • Sala de obradoiros.
  • Duchas.
  • Cea.
  • Contacontos á calor do lume.
  • Descanso... e se fose posible durmir.

Segundo día : Xoves 6 de Maio

  • Erguerse, aseo e limpeza dos cuartos.
  • Almorzo.
  • Obradoiro de educación ambental: Meteoroloxía, horta, animais da granxa.
  • Aseo e xantar.
  • Xogos cooperativos na palleira.
  • Actividades forestais (encontro cos vellos castiñeiros).
  • Estudio do medio acuático (Regato da Ponticela).
  • Merenda.
  • Sala de obradoiros (elaboración do queixo)
  • Duchas e tempo libre.
  • Cea.
  • Xogos nocturnos: festa de despedida...
  • Durmir que toca.
Terceiro día: Venres 7 de Maio
  • Erguerse.
  • Almorzo.
  • Aseo e limpeza dos cuartos.
  • Arranxalas equipaxes. Obradoiro de educación ambental: meteoroloxía, horta, animais da granxa.
  • Aseo e xantar.
  • Descanso.
  • Sala de obradoiros.
  • Recollida de equipaxes.
  • Saida da Granxa BARREIROS.
  • Chegada a San Pedro de Mezonzo na Coruña as 19:30 (aproximadamente).

Tódolos rapacess serán recollidos polos seus pais/nais no devandito lugar á hora sinalada.

Roupa e material necesario:

  • Dous chándales (do uniforme): un posto e outro para a volta.
  • Camisetas (do uniforme): unha posta e outra para a volta.
  • Unha sudadeira (do uniforme): de noite vai frio.
  • Un chuvasqueiro ou capa amplos, aptos para os traballos do campo.
  • Calcetíns e roupa interior dabondo.
  • Un pixama.
  • Útis de aseo: neceser completo, gorro de goma, toalla...
  • Chanclas.
  • Gorra.
  • Botas de goma (xa sabedes que andaremos entre animais nas cortes e na horta entre prantas).
  • Saco de durmir.
  • Unha bolsa grande de plástico (para a roupa sucia).

IMPORTANTE:

  • Toda a roupa e material deberán ir marcados co nome do rapaz.
  • Non se poden levar cartos, nin "maquiniñas", nin lambetadas ou obxetos de valor.
  • Para non interferir nas distintas actividades non se pode chamar por teléfono ós nenos, so en caso de urxencia poderase contactar coas titoras que lles terán informados de calquera nova.
Inicio | Histórico de noticias
 
  Resolución mínima 800 x 600