|
|
|||||
colegioriasaltas.com |
|||||
|
| |
|||||
|
22/11/2004 O Departamento de CCSS, Xeografía e Historia con motivo da presentación na Sala Municipal de Exposicións Durán Loriga ( r/ Durán Loriga 10 ) da exposición "GALICIA, NORTE DE PORTUGAL. DÚAS REXIÓNS: UNHA EURORREXIÓN. CONSTRUÍNDO A EUROPA DOS CIDADÁNS" organizada polo servicio Municipal de Educación do concello de A Coruña no programa "Descubrir el Mundo" decidiu concertar unha VISITA DIDÁCTICA a dita exposición, ademais de traballar previamente e posteriormente o tema da Unión Europea na aula. O obxectivo fundamental da visita é acercar ós alumnos de 3º de ESO e 2º de Bacharelato ó coñecemento da Comunidade Europea a través do acercamento das Rexións Transfronterizas e , en particular, á eurorrexión do "Eixo Atlántico". O contido da exposición está desenvolvido en uns paneis e unha proxección dun DVD, organizadas en 3 bloques de contidos: Dúas rexións europeas: historia das relacións entre Galicia e o Norte de Portugal. A Cooperación transfronteriza e interrexional: a creación da Eurorrexión " O Eixo Atlántico" do noroeste peninsular. Balance: resumo das iniciativas culturais, deportivas e medioambientais de Eixo Atlántico. Por isto, aproveitamos a ocasión, xa que o contido da Exposición integrase no deseño curricular da materia de Xeografía de 3º de ESO e de Historia de España e Xeografía de 2º de Bacharelato. A VISITA DIDÁCTICA á EXPOSICIÓN " GALICIA, NORTE DE PORTUGAL. DÚAS REXIÓNS: UNHA EURORREXIÓN. CONSTRUÍNDO A EUROPA DOS CIDADÁNS" terá lugar o próximo xoves, 9 de decembro ás 10h30 para 3º de ESO e o martes, 21 de decembro ás 10h30 para 2º de Bacharelato na Sala Municipal de Exposicións Durán Loriga . Á saída terá lugar dende o colexio, e anteriormente e posteriormente impartiranse as clases de 1º , 2º, 5º e 6º hora do día correspondente. De acordo coas directrices da Consellería de Educación (Resolución de 10 de maio de 1989), tódalas saídas dos alumnos do Centro con fines pedagóxicos requirirán autorización previa por escrito, dos pais ou titores. Por iso, rogamos cubran a autorización que se adxunta, entregándoa á profesora de Xeografía de 3º de Eso e de Historia de España de 2º de Bacharelato antes do mércores, 8 de decembro, xunto cos gastos que ocasionará esta actividade.
|
|||||
| |
|||||