“Hola NENOS E NENAS:
Eu son Ole. Como VEDES son un PAXARO. Un PAXARO de cor AZUL. Voando, voando,
voando, cheguei ata A Coruña. Agora vivo aquí. A MIÑA
CASA está nun lugar onde hai moitos LIBROS, moitos NENOS e UNHA
familia de ratos.
¿Queredes ser os meus amigos? ESCRÍBOVOS esta CARTA para
pedirvos que me veñades a visitar.
Espérovos o vindeiro LUNS 21 de abril ás 10,00h. na BIBLIOTECA
do FORUM. ¡Moitos BICOS!.”
Nais/Pais...
Aceptamos a invitación que o paxaro Ole nos envía aos alumnos/as
de 1º de Educación Infantil para visitar a Biblioteca Infantil
e Xuvenil do Fórum (Parque Europa) xa que el mesmo nos ensinará
cómo é ese lugar onde hai tantos libros e cómo funciona
un servizo de préstamo dos mesmos. Cremos que será moi interesante
aprender todo isto, así como coñecer a este especial amigo
tan orixinal e divertido.
Sairemos do cole o vindeiro luns 21 de abril ás 9,20h.
(sede puntuais).