colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
martes, 06 de enero de 2009   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 7 de mayo de 2008

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Seguindo na liña de asimilación, sensibilización e observación directa de aspectos mencionados e desenrolados na aula, o vindeiro Mércores 7 de maio, os alumnos/as de 2º e 3º de Educación Infantil realizaremos unha visita ao Museo de Belas Artes da nosa cidade.

É importante a transmisión e asimilación dende moi novos de varias ideas:
• Os Museos son lugares nos que se expoñen obras de arte realizadas por persoas con moita creatividade
• Conversar sobre os cadros e chegar a coñecer algúns pintores de relevancia.
• Observar as pinturas e comentar que se trata de Obras de arte que destacan por diversos factores.
• Expresar impresións persoais sobre as distintas pinturas e cadros visionados.
• E, en definitiva, coñecer e valorar as posibilidades de distintos códigos artísticos como medio de expresión

Atentamente,
Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias