De acordo coa metodoloxía plantexada por este Obradoiro de Ciencias
de complementación, por medio de actividades de laboratorio, aos
coñecementos teóricos adquiridos polos alumnos nas materias
relacionadas coas Ciencias da Natureza, este ano continuamos a labor que
levamos facendo ao longo dos cinco anos de vida que ten este Obradoiro.
É por elo que durante o curso académico 2007-2008, os
alumnos desta actividade estudiaron e repasaron de xeito práctico
e experimental conceptos relacionados con materias e módulos impartidos
en estudios universitarios e/ou técnicos das ramas da saúde,
a inxeneiría forestal e peritos agrónomos.
En relación con todo elo preparamos unha exposición
fotográfica onde pretendemos mostrar un pequeno compendio das nosas
tarefas (distintas técnicas de tinción, diseccións,
observacións microcópicas…..) que levamos a cabo no
laboratorio e un mural resume das exposicións que fixemos noutros
anos.
A continuación nomearemos unha relación das tarefas que
realizamos para poder facer esta exposición. Esperamos que vos
guste:
• Tomamos fotos en todas e cada unha das prácticas que se
desenvolveron en 1º,2º,3º e 4º da ESO ao longo deste
ano académico 2007-2008 no Obradoiro de Ciencias.
• Utilizando as novas tecnologías ofimáticas fixemos
unha carpeta con todas as imaxes nos ordenadores do centro, dende esta
carpeta as imprimimos e nela permanecerán gardadas en espera da
exposición en soporte infomático do ano próximo,
titulada: “O rincón da ciencia do Colexio Rías Altas”.
Que é unha sorpresa e xa os falaremos dela no seguinte curso 2008-2009.
• Elaboramos murales con estas imaxes ordeándoas como se
fosen viñetas dun comic que reproduce paso a paso as etapas de
cada práctica de laboratorio que fixemos.
• Cada mural consta dunha foto do guión de cada práctica,
ao comezo da sucesión de imaxes, onde se explica como realizamos
cada práctica para que o dia da exposicón poda ser consultado
polos nosos visitantes e así seguir os contidos de todas e cada
unha das prácticas.
• Todos os murales conteñen títulos ou encabezados
de todas e cada unha das prácticas. Estes títulos foron
elaborados polos alumnos do Obradoiro de 1º da ESO.
• Elaboramos a propaganda informativa da exposición deste
ano titulada “Porque unha imaxe val máis que cen palabras”
que será entregada o día da festa aos nosos visitantes.
• Colgamos os murais por todo o centro.
En espera de que o traballo levado a cabo por estos futuros científicos
teña unha valoración positiva por Vds., só lembrarlles
que un concepto no só se fixa estudiando, senon tamén practicando
e isto é o que pretendemos dende o Obradoiro de Ciencias: “aplicar
novas técnicas de estudio acordes coa sociedade actual, máis
partidaria dunha aprendizaxe visual e práctica que dunha unicamente
memorística e obsoleta”.