Agora que vai chegando por fin o bo tempo, o departamento de
educación infantil decidiu extender as relaciones escolares
fora da mecánica do Centro, pasando un día moi agradable
no Albergue de Gandarío, disfrutando das súas
instalacións e do mar, desenrolando con iso actividades de compañeirismo,
convivenza, respeto e autonomía de maneira totalmente lúdica
e enriquecedora para todos os nenos e nenas.
Para facilitar o éxito de tan grata excursión, lembrámosvos
que marquedes toda a roupa dos vosos fillos (incluidos
calzado e calcetíns). Todos os nenos terán que vir co chándal
do Colexio e calzado cómodo (doado de manexar por eles);
tamén bañador (braguita de bikini as nenas) xa posto, e
recambio na mochila, por si atopamos con sorte día soleado (toalla
non).
Deberán traer nunha bolsa ou mochila a comida tipo campestre
(suxerimos bocadillos, sandwiches, tortilla, croquetas; -que non sexa
de cortar-; nada de bollería nin lambetadas e
de beber, auga ou zume). A razón de que traigan a comida da casa
obedece ao factor sorpresivo e á colaboración persoal para
elexir el/ela o menú, participar na súa elaboración
e posterior disfrute fomentando á vez a súa autonomía.
A excursión realizarase o xoves 12 de xuño.
Pregamos que antes dese día, enviedes a autorización e o
diñeiro; en caso contrario, entenderase a non asistencia á
excursión.
SAÍDA: Ás 10 horas dende o Colexio.
REGRESO: Chegaremos ao Centro sobre as 17,15h.