Colexio Rías Altas
A Coruña, 30 de Outubro de 2008
A FESTA GALEGA DO SAMAÍN
Os alumnos do segundo ciclo de Educación Infantil están celebrando estos días a FESTA DO SAMAÍN con variadas actividades (murais, cantes, poemas, traballos plásticos, vídeos, exposición de cabazas, escenificacións…) co fin de que coñezan a tradicción galega desta festa de arraigo celta e vivencien de xeito lúdico o seu significado de entramado misterioso e festeiro.
Convidamos a todos a visitar a área central do ciclo para visualizar a EXPOSICIÓN de cabazas decoradas polos propios nenos,as coa axuda dos seus país e mestres… Nos esquezades deixar á vosa opinión no Libro de Visitas.
O SAMAÍN
A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.
A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.
COPLA
No Colexio Rías Altas
imos facer unha exposición
na festa do Samaín
con cabazas e melóns.
Se queres pasar medo
non se che ocurra faltar
pois verás moitas cabazas
e ós nenos pequenos berrar