colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
martes, 06 de enero de 2009   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 10 de Novembro de 2008

 

Pais/nais:


O vindeiro venres 14 de novembro ás 12h., os alumnos/as de 1º de Educación Infantil 2, asistiremos, dentro do Programa para nenos no CGAI, a unha proxección do ciclo Historias de cine. Esta actividade se levará a cabo na Casa de Cultura Salvador de Madariaga na Coruña e trátase dunha obra de orixe iraní Los cuentos de mamá gallina que se divide en tres contos de títulos El pez arco iris, Shangoul y Mangoul e Lili Hosak.

Los cuentos de mamá gallina son tres contos inspirados nos motivos de tapices persas que relatan as aventuras dun pequeno peixe de cores, de cómo mamá cabra intenta protexer aos seus cabritiños das poutas do lobo e de cómo un grupo de animais intenta rescatar a un poliño que acaba de caer na auga.

Os tres contos están realizados por Farkhondeh Torabi e por Vajihollah Fard-Moghaddam que obtiveron numerosos premios internacionais por estes traballos .”

Atentamente,

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias