colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
viernes, 30 de julio de 2010   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 19 de Xaneiro de 2009

Concerto Didáctico do programa Descubrir a Música:

“CANTAS QUE CANTAR”

 

Pais, nais e familias,

Comunicamosvos que fomos invitados polo Concello de A Coruña a asistir co alumnado de Educación Infantil 2º Ciclo (4, e 5 anos) a un Concerto Didáctico do programa Descubrir a Música: “CANTAS QUE CANTAR” da compañía de teatro E danza ARTESTUDIO.

Trátase  dun concerto animado e  divertido, no que os/as nenos/as e os que no son tan nenos/as pasarán un rato maravilloso, sumerxéndose nun mundo de música e aventuras.
Nun mercado árabe, cheo de bazares nos que se venden telas de mil colores, esencias cuios aromas nos trasladan a outras partes do mundo, libros con historias xa esquecidas, vive un dos nosos protagonistas: o comerciante máis famoso do Zoco (Mercado árabe). No seu bazar ten de todo: roupa, perfumes, comida… pero non vende, sinon que entrega a todos os viaxeiros/as víveres para as súass rutas a cambio de cancións, historias e objectos dos seus países de orixen. Un día, aparecen tres músicos sen rumbo fixo. Igual que ao resto de viaxeiros, o comerciante lles pide algo a cambio; eless, lle contestan que o único que teñen á a súa música e os seus instrumentos e así deciden quedarse con el para interpretar as cancións de todo o mundo.
Así, unha vez ao ano, reúnense diante da Haima do comerciante e  axudados por dous compañeiras do zoco, que porán imáxenes e movemento ás historias, cantarán cancións que nos transportarán en tan só 50 minutos de América a Oceanía, de Oceanía a Asia, de Asia a Europa de Europa a África e para rematar de África a América.”

Será o vindeiro veneres 23 de xaneiro ás 10h. no Palacio da Ópera de A Coruña. Sairemos do Centro a las 9,30h. (pregamos puntualidade) e a duración da obra musical será de 1 hora aproximadamente.

Atentamente,

Departamento de Educación Infantil

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias