colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
viernes, 30 de julio de 2010   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 26 de Xaneiro de 2009

Prantando sementes de coñecemento:
         “Invernadoiros Nomeolvides, con motivo do seu XII Aniversario, comprácese en ofrecerlles unha mostra dos seus marabillosos bulbos de tulipán.
       Cos nosos mellores desexos e esperando que disfruten dunhas fermosas flores, un saúdo do Mestre Xardiñeiro:

Jacinto Regadera”

Pais, nais e familias,

Recibimos esta carta dun invernadoiro na que ademáis nos agasallan cunhas sementes para prantar na clase, pero hai un problema, ¿algún de vos sabe como se prantan unhas sementes?, ¿alguén sabe qué coidados teñen que ter estas prantas?, ¿alguén sabe cal é a mellor época para que xerminen?… Ante todas estas dúbidas propoñemos unha visita á biblioteca para ver si podemos atopar información nos libros de “Saber e Coñecer” cos que xa traballamos o curso pasado.

A visita será na Biblioteca Infantil e Xuvenil do Fórum Metropolitano o vindeiro luns 26 de xaneiro ás 9,30h. (sede puntuais).

Atentamente,

Departamento de Educación Infantil

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias