colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
viernes, 30 de julio de 2010   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 18 de Febreiro de 2009

O pasado mércores 11 de febreiro ás 12h, os alumnos/as de Educación Infantil, asistiron, dentro do Programa para nenos no CGAI, a unha proxección do ciclo Historias de cine. Esta actividade levouse a cabo na Casa de Cultura Salvador de Madariaga en A Coruña e tratouse de 4 curtos de animación dos cineastas Fabrice Luang-Vija (Bélgica) e Cécilia Marrieros (Francia) titulados: Fábulas frenéticas I e II, Bonhommes e Lunolin o pequeno naturalista.

“Nestas 4 curtametraxes nárranse encontros improbables baixo un sol de xustiza, unha tormenta de neve ou un chuvasco… De gran colorido, cheas de humor e incredulidade, estas Fábulas frenéticas son unha burla ás inclemencias da vida. Son traballos onde se experimenta coas cores, as texturas das imágenes e a música”

Atentamente,

Departamento de Educación Infantil

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias