colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
jueves, 11 de marzo de 2010   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 9 de Marzo de 2009

Estimados pais/nais:

            Comunicamosvos que os días 3, 4 e 5 do mes de Xunio realizaremos unha viaxe-convivencia cos alumnos/as de 3º e 4º de Primaria á Granxa Escola FERVENZA DO TOXA.
            Nesta experiencia educativa pretendemos que os alumnos/as teñan unha serie de vivencias que lles permitan coñece-lo medio rural en tódalas súas vertentes.
            Pensamos que estas experiencias son un elemento complementario ós programas oficiais, ó mesmo tempo que un medio onde desenrola-lo obxectivo de coñecemento e comprensión do medio natural mediante a observación e a analise, intentando contribuir a espertar no neno/a unha conciencia crítica.
            A  Granxa  Escola  FERVENZA DO TOXA é un equipamento destinado a facilita-lo coñecemento do noso medio rural e así lograr un cambio de actitudes e valores nas xeracións futuras.
            Dado o carácter activo desta experiencia, ó tempo que o neno/a vai estar na Granxa Escola  non hai que entendelo coma vacación senón coma “un tempo distinto” no proceso educativo.

ACTIVIDADES

Mércores 3 de Xunio:

Saida dende explanada do Colexio.
Chegada á Granxa FERVENZA DO TOXA.
Benvida e presentación do programa de actividades.
Reparto de dormitorios e equipaxes.
Presentación de monitores e personal da granxa.
Obradoiro: Actividades de achegamento ó medio.
Aseo e xantar.
Xogos .
Visita a granxa .
Merenda.
Sala de talleres.
Duchas.
Cea.
Contacontos á calor do lume.
Descanso... e se fose posible durmir.

Xoves 4 de Xunio:

Erguerse, aseo e limpeza dos cuartos.
Almorzo.
Taller de educación ambiental.
Aseo e xantar.
Xogos cooperativos.
Actividades forestais.
Estudio do medio acuático.
Merenda.
Sala de talleres.
Duchas e tempo libre.
Cea.
Xogos nocturnos: festa de despedida...
Durmir que toca.

Venres 5 de Xunio:

Erguerse.
Almorzo.
Aseo e limpeza dos cuartos.

Arranxar as equipases.

Visita a plaia fluvial A Carixa
Xantar.
Talleres.
Saida .
Chegada a explanada do Colexio.

Atentamente,

Titoras de 3º e 4º de Educación Primaria

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias