“Hola NENOS E NENAS: Eu son Ole. Como VEDES son un PAXARO. Un PAXARO de cor AZUL. Voando, voando, voando, cheguei ata A Coruña. Agora vivo aquí. A MIÑA CASA está nun lugar onde hai moitos LIBROS, moitos NENOS e UNHA familia de ratos. ¿Queredes ser os meus amigos? ESCRÍBOVOS esta CARTA para pedirvos que me veñades a visitar. Espérovos o vindeiro LUNS 11 de maio ás 10,00h. na BIBLIOTECA do FORUM. ¡Moitos BICOS!.”
Nais e Pais:
Aceptamos a invitación que o paxaro Ole nos envía aos alumnos/as de 1º de Educación Infantil para visitar a Biblioteca Infantil e Xuvenil do Fórum (Parque Europa) xa que el mesmo nos ensinará cómo é ese lugar onde hai tantos libros e cómo funciona un servizo de préstamo dos mesmos. Cremos que será moi interesante aprender todo isto, así como coñecer a este especial amigo tan orixinal e divertido.
Sairemos do cole o vindeiro luns 11 de maio ás 9,30h.