Os Museos Científicos Coruñeses presentan este ano un variado programa de actuaciónscon motivo do Ano Internacional da Astronomía. Dende Infantil, e continuando coas visitas programadas co gallo do tema de este curso para coñecer os museos da nosa cidade, o vindeiro mércores 27 de maio ás 10h realizaremos unha visita á Casa das Ciencias-Planetario. Desenrolaremos así un rico contacto co sempre impresionante mundo da ciencia.
Contemplaremos os distintos rincóns e salas de exposicións do Museo, e disfrutaremos dunha sesión no Planetario.
Programa específico do Ano da Astronomía:
Da Terra ao Universo. Unha mostra fotográfica sobre o significado científico das imaxes astronómicas mais fermosas.
Astrónomos por vocación. Exposición cunha selección dos mellores traballos de afeccionados á astronomía de Galicia.
O ceo invisible. Exposición dun libro en braille con imaxes da NASA.