colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
viernes, 30 de julio de 2010   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 28 de Mayo de 2009

 

Pais/nais…
        
Continuando co tema do ano, e na liña de asimilación, sensibilización e observación directa de aspectos desenrolados na aula, o vindeiro Mércores 3 de xuño, os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Infantil realizaremos, unha visita ao MACUF (Museo de Arte contemporáneo Unión Fenosa). Participaremos no programa de obradoiros para nenos en torno á exposición “Antes de onte e pasado mañá, ou o que podería ser pintura de hoxe”:

O programa trata de descubrir o arte da pintura para os máis pequenos a través de experimentos coa cor e a dimensión cromática da luz. Seguindo o exemplo dos pintores Olafur Eliasson e Anselm Reyle (anos 60), comprobaremos que a reverberación dun gran campo de cor pode impregnar o espazo circundante, e que, dentro dun ambiente de penumbra, é posible pintar figuras sin máis ferramentas que linternas e filtros de cores.

 

Atentamente,

Departamento de Educación Infantil

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias