colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
viernes, 30 de julio de 2010   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 09 de Junio de 2009
        

“O Curruncho da Ciencia”

(Exposición da actividade extraescolar do obradoiro de ciencias)

Trata da exposición do obradoiro de ciencias para a festa de fin de curso. Facemos esta exposición para que todos os nenos/as aprendan cousas novas sobre ela.

Faremos esta exposición no patio interior de infantil, utilizando as paredes da mitade interior do patio. Nestas paredes colocaremos murais con fotos das prácticas realizadas durante os cursos 2007 ao 2009.

Teremos 5 mesas nas que colocaremos a parte central da exposición, en parte interactiva:
-Herbarios.
-Colección de frascos con animais e insectos.
-Un microscopio e unha caixa con cortes histolóxicos.
-PARTE INTERACTIVA: Realizaremos a proba do grupo sanguíneo e o factor RH aos visitantes que o desexen.

Esperamos que vos guste moito e que disfrutedes con ela tanto como nosoutros disfrutamos preparándoa e non esquezades o noso lema:

“Un concepto non só se fixa estudiando, senon tamén practicando e esto é o que pretendemos dende o obradoiro de ciencias, ao aplicar novas técnicas de aprendizaxe visual e práctico, que complementan unha aprendizaxe simplemente memorística xa obsoleta”.

 

Atentamente,

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias