Colexio Rías Altas
A Coruña, 30 de Outubro de 2009
O SAMAÍN NO COLEXIO RÍAS ALTAS
Como todos os anos, no colexio Rías Altas, celebramos a festa do Samaín cos máis pequenos.
A través de actividades variadas (murais, cantes, poemas, traballos plásticos, vídeos, exposición de cabazas, escenificacións…), os alumnos coñecen a tradicción galega desta festa de arraigo celta e vivencian de xeito lúdico o seu significado de entramado misterioso e festeiro. Tamén facemos unha EXPOSICIÓN de cabazas decoradas polos propios nenos coa axuda dos seus pais e mestres.
CANCIÓN DO SAMAÍN (Música "En el coche de papá")
Na festa do Samáin,
ímonos a divertir!
As cabazas dan terror,
canto medo qué horror!
Monstros e pantasmas, Samaín!
Zombies e morcegos, Samaín!
Bruxas e vampiros, Samaín!
Momias e diaños, Samaín!