colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
lunes, 06 de septiembre de 2010   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 14 de Abril de 2010

Programa para nenos no CGAI

Estimados pais e nais:

O vindeiro xoves 15 de abril ás 10h, os alumnos/as de Educación Infantil, asistiremos, dentro do Programa para nenos no CGAI, a unha proxección do ciclo Historias de cine. Esta actividade levarase a cabo na Casa de Cultura Salvador de Madariaga en A Coruña e trátase de 3 curtametraxes do Studio de Animación de Xangai que desde finais dos anos cincuenta, da man do mestre Te Wei e seguindo as técnicas milenarias da caligrafía e da pintura chinesa, crea unha nova técnica de acuarela animada con tinta chinesa.

“Son tres historias realizadas por cineastas desa escola:
Hu Jinquing – A garza e a ostra, Te Wei – Os cágados na procura da súa nai e Ah Da – Os tres monxes. A través delas asomámonos ás tradicións ancestrais chinesas, aos seus proverbios e ás súas características culturais. Trátase dunha animación orixinal caracterizada pola súa expresividade, sensibilidade e delicadeza”.


Atentamente,

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias