colegioriasaltas.com
   Guía de navegación: Inicio - Noticias (Mapa)
martes, 07 de septiembre de 2010   
 

Colexio Rías Altas
A Coruña, 20 de Abril de 2010

Concerto Didáctico do programa Descubrir a Música: “A RATIÑA LARANXA”

Estimados pais e nais:

Comunicamosvos que fomos invitados polo Concello de A Coruña a asistir co alumnado de Educación Infantil de 4 anos a un Concerto Didáctico do programa Descubrir a Música: “A RATIÑA LARANXA” o vindeiro mércores 28 de abril ás 10h. no Palacio da Ópera de A Coruña. Sairemos do Centro a las 9,30h. (sede puntuais!) e a duración da obra musical será de 1 hora aproximadamente. Trátase dun espectáculo producido e interpretado polo Cuarteto Caramuxo.

A Ratiña Laranxa, conta como a música foi quen de lle marcar de xeito moi forte aquelas vivencias tan importantes que lle aconteceron, e lle seguen acontecendo, ao longo da súa vida: os arrolos, os soños, a caída do primeiro dente, as viaxes en autobús para ir á escola, a asistencia ao primeiro concerto, o seu primeiro cumpreanos…Todas esas vivencias van ser presentadas en relación a diferentes emocións e, en moitos dos casos, a través de xogos musicais cos cales, as nenas e nenos, estarán moi familiarizados despois de telos traballados nas aulas de música, xa que se tratan de propostas didácticas moi habituais (Xogo das estatuas, orientación con respecto a un foco sonoro, recoñecemento de diferentes timbres, movemento corporal en relación a movementos pancromáticos ou sons de diferentes alturas…)
No escenario estarán os seis músicos do Cuarteto Caramuxo acompañados pola cantante e actriz Mónica de Nut no papel de ratiña. A instrumentación vai ser moi variada, non podendo falar dunha formación instrumental estable xa que, en cada momento ésta variará considerablemente”.


Atentamente,

Colexio Rías Altas

Inicio | Histórico de noticias