O centro, en colaboración co Concello de A Coruña, concertou para o alumnado de 1º e 2º de primaria un programa de Educación Ambiental para dar a coñecer o noso medio natural máis próximo. Este programa baséase nun itinerario guiado polo Monte de San Pedro para o día 11 de maio e a súa correspondente actividade na aula.
Os obxetivos son:
Axudar a adquirir unha conciencia e sensibilización adecuada para o coidado do noso contorno máis próximo e inmediato.
Axudar a que consigan as aptitudes necesarias para identificar e resolver aqueles problemas que afecten á conservación dos nosos valores naturais e a biodiversidade dos nosos ecosistemas.
Preténdese que os alumnos comprendan, investiguen e aprendan medianteeunocontactoodirectoocon:
A riqueza e variedade de comunidades vexetais e animais, a súa función e importancia no medio en que vivimos e a súa relación entre elas e en particular connosco.
As formacións xeolóxicas máis relevantes do noso contorno, como elementos fundamentais da paisaxe que nos rodea.