Estimados Nais e Pais:
O vindeiro mércores 19 de maio ás 12h realizaremos unha visita á Casa dos Peixes “Aquarium Finisterrae” para disfrutar dese museo da nosa cidade. Desenrolaremos así un rico contacto co sempre impresionante mundo mariño; ao mesmo tempo sensibilizarémonos coa vida do mar en todas as súas vertentes fomentando hábitos e actitudes de coidado e respecto cara ao medio ambiente.
Contemplaremos os distintos rincóns e salas do Aquarium, que conteñen, ademáis de tanques con peixes, elementos pensados para a aprendizaxe e a diversión, para que os visitantes cheguemos a apasionarnos polo mar:
Cousas que ver:
Maremagnum: exposicións interactivas sobre o Océano Atlántico.
Nautilus: A fantasía do Capitán Nemo feita realidade. Veremos tamén aos tabeiróns “Hermosa e Gastón”.
Paraíso mariño: unha piscina intermareal única.
Sala Isabel Castelo: exposición coas mellores imaxes da natureza
Octopus´s Garden: xardín de polbos.
Xardín Botánico: coas especies máis representativas do litoral galego.